PERSONAXES

1. CARLOS CASARES

2. CARMEN FERNÁNDEZ SEGUÍN

3. CAMILO DE DIOS

4. ANTÓN TOVAR

5. OLIMPIA VALENCIA

6. DÉCIMO XUÑO BRUTO

7. DUQUE DE LANCÁSTER

8. Xose Lois Carreira  

9.  José Santiago Taboada

10. Maria del Valle Lozano e Salud Torres

11.  Chus Pato

 12. Riveiro Coello

 13. Isaac Alonso Estraviz

 14. Edelmiro Martinez Cerredelo



CARLOS CASARES 

Foi un escritor limiao. Naceu o 24 de agosto de 1941 e morreu o 9 de marzo de 2002 en Ourense. 

Os seus pais foron Francisco Casares Dacal e a súa nai foi Manuela Mouriño Pérez e foi o segundo de tres irmáns. 

Foi escritor, docente, político e periodista. Estudou na universidade de Santiago de Compostela. A súa primeira experiencia literaria foi no xornal El Averno

Obras:  


    NARRATIVA :

  • Vento ferido - 1967
  • Cambio en tres -1969.
  • Xoguetes para un tempo prohibido -1975.
  • Os escuros soños de Clío  - 1979 .
  • Ilustrísima - 1980 
  • Os mortos daquel verán -  1987
  • O galo de Antioquía - 1994.
  • Deus sentado nun sillón azul - 1996 
  • Un polvo xigante - 2000.
  • O sol do verán - 2002.

    INFANTIL:

  • A galiña azul - 1968 
  • As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas - 1973
  • O can Rin e o lobo Crispín - 1983 
  • Este é Toribio - 1991.
  • Toribio contra o profesor Smith -  1991.
  • Toribio e o contador de contos - 1991.
  • Toribio ten unha idea - 1992.
  • Toribio revoluciona o tráfico - 1994.
  • Lolo anda en bicicleta - 1996


CARMEN FERNANDEZ SEGUÍN


Nacida en Sandiás, no 1905 e morreu no 1999. Foi política e guerrilleira antifranquista. 

En 1950 marcharon a Ávila para establecer contacto con outros grupos de guerrilleiros. Ela e o seu marido foron detidos  e o seu fillo fusilado.

Foi condenada a 30 anos de  cárcere e pasou 13 anos en distintos penais.


CAMILO DE DIOS

Naceu en Sandiás no 1933 e morreu no 2019. 

Foi guerrilleiro antifranquista, sindicalista e politico galego, e logo do golpe de estado de 1936, seu pai tivo que andar polos montes escapado, seu irmán foi fusilado e a súa nai ao cárcere.




ANTÓN TOVAR

Naceu en 1921 na Pereira (Rairiz de Veiga) e faleceu no 2014 en Ourense. 

Foi un poeta galego, escribía en galego e castelán. Tamén foi membro de honra da Real Academia Galega. Pasou parte da súa infancia en Celanova, despois transladouse a Ourense onde fixo o bacharelato. 

Obras: 

· A grande ilusión e outros contos

· A nada destemida

· A semente aquecida da palabra

· Arredores

· Berros en voz baixa

· Cadáver adiado

· Calados esconxuros

· Diario íntimo dun vello revoltado

· Diario sin datas. Farangullas

· Non. O vento no teu colo

· Poemas pola memoria (1936-2006)

· Poesía en galego I (1962-1975)

· Poesía en galego II (1980-2001)

· Poesía galega completa: ''Arredores'', ''Non'' i ''O vento no teu colo''

· Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I)


OLIMPIA VALENCIA

Nacida en Baltar o 14 de decembro do 1898. Faleceu en xullo do 1987.

Foi a primeira médica xinecóloga galega. 

En 1928 transladouse á Veiga pondo en marcha un consultorio de medicina xeral e xinecoloxía. Exerceu esa profesión ata xubilarse .


DÉCIMO XUÑO BRUTO

Naceu en Roma no 180 a.C. e morreu tamén en  Roma no 113 a.C. Foi un xeral e político romano. Avó de Marco Xuño Bruto.

Dirixiu as tropas romanas na campaña para conquistar o sur da actual Galicia ata o norte de Portugal o que despois foi denominado Gallaecia.



DUQUE LANCASTER:

Naceu en Gante ( Bélxica) no ano 1340 e morreu en Leicester (Reino Unido) no 1399. O  seu nome é Juan de Gante, foi un nobre inglés, foi nomeado conde de Richmond, protexeu o reformista relixioso John Wyclif e foi o rei de Castela. 

Acompañou a Fernado Castro a Galicia ao exército mixto de galegos e portugueses enfrentandose a outras persoas.


Xose Lois Carreira

 

El naceu en Ourense no 1949. Criouse en Osmo e estudou arquitectura na Universidade de Zamora. 

As súas obras máis destacadas son:

·      

                                                       A lama da Lagoa qué está situada nunha das entradas de Xinzo.

·       Nexus-VI qué está situada en Ourense.

·       O Cigarrón en Verín.

·       A Pantalla en Xinzo.

Tamén pintou cadros como:

 “       "América”

·       “ O umbral d´ Ausencia”.


·       

 José Santiago Taboada

 

Naceu o 6 de setembro do 1889 e morreu o 4 de xaneiro de 1969. 

Era escritor, periodista e abogado. Dirixía o periódico “o eco Antelano”. 

Tamén foi secretario dos concellos de Rairiz de Veiga, Xinzo e Trasmiras. 

No 1923 sufriu un atentado.

 

Maria del Valle Lozano e Salud Torres

Naceu en Ourense en 1888 e finada no Mosteiro de Ribeira (Xinzo de Limia) o 29 de outubro do 1937.

Foi unha política galega, colaboradora de obras benéficas e relixiosas, estaba afiliada ao PCE. 

Foi detida no 1937 por ter pedido a conmutación da pena capital para o seu fillo. Internada no cárcere de Celanova para ser sacada para o seu asasinato no Mosteiro de Ribeira canda Salud Torres Díaz. Esnaquizáronlle o cerebro para ser fusilada, o seu cadáver foi atopado en Lomba de Lamas e trasladado ao cemiterio nun carro dos vecinos. 

En xuño do 2019 iniciouse a recuperación dos seus restos polo asociación para a recuperación da memoria histórica ( ARMH).

 


Antón Tobar dedicou o conto “ A grande ilusión” a ela e ao seu fillo Manuel Gómez del Valle e Claudio Rodríguez Fer escribiu o poema “ O terror en carro de vacas”. Que rememora os asasinatos  de Maria e Salud.

Salud Torres Diaz naceu en Ourense en 1912 e finou no Mosteiro de de Ribeira  (Xinzo de Limia) o 29 de outubro do 1937.

Foi unha sindicalista e política galega. Delegada da UGT. e militante do PCE. 

Foi detida co golpe de Estado do 18 de xullo do 1936. Internada no cárcere de Celanova  de onde foi sacada para ser asesinada canda María del Valle Lozano, foi trasladada nun carro polos vecinos ata o mesmo cemiterio, e tamén se iniciou a recuperación dos seus restos.

Claudio Rodríguez Fer  escribiu o poema “O terror en carro de vacas” que rememora os asasinatos de María e Salud. As duas foron a mártires de Xinzo de Limia as sesinadas polos franquistas en 1937.

 

 Chus Pato


Naceu en Ourense no ano 1955 é unha escritora galega. Profesionalmente, é profesora de Ensinanza Secundaria de Xeografia e Historia. É unha das figuras máis relevantes da poesía galega actual.

A súa obra caracterízase por manifestar a característica transgresión posmoderna dos xéneros literarios, conformando unha escritura baseada na superación do concepto tradicional de poesía. Escrita en prosa, a súa poesía acolle non só distintos tipos textuais, dende o estritamente biográfico ata o ensaísmo filosófico, senón unha polifonía  de voces que inclúen, ademáis da propia autora, a dunha pléiade de personaxes ficticios e reais que se manifestan en múltiples subxéneros: fragmentos teatrais, entrevistas, progamas radiofónicos, etc.

Chus Pato pertence a varias agrupacións, tanto de índole literario ( el PEN Club) como de índole político-social ( Redes Escarlatas). No 2009 concedéuselle o premio da Crítica de Poesía galega 2008 pola súa obra Hordas de escritura. 

Algúns dos seus poemarios publicados son: 

Ucránia. Vigo: Calpúrnia, 1991; 

Heloisa. La Coruña: Espiral Mayor, 1994; 

Fascinio. Muros: Toxosoutos, S. L., 1995… T


Tamén ten traducións ó castelán e ó inglés.


 Riveiro Coello

 


Naceu en Xinzo de Limia o 28 de agosto do 1964, é un escritor español en lingua galega. E cursou estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela.

Tocou a guitarra nun grupo de rock, exerceu de vendedor, foi funcionario do estado, e finalmente da Xunta de Galicia en Boiro. Colaborou activamente no proxecto Barbantia, no que foi presidente fundador, fillo predilecto do Concello de Xinzo de Limia, fillo adoptivo do Concello de Baltar, así como Xuíz  Honorario do Couto Mixto.

Algunhas das súas obras son: 

Valquirua (1994), 

Parque Central e outros relatos (1996). 

A historia do Chicho Antela (1997), 

Animalia (1999) 

A quinta de Saler (1999), 

As rulas de Bakunin (2008)… 


Algúns ensaio: 

Cartafol do Barbanza (2002). 

A nosa terra, Carlos Casares. Un neno que quería xogar co mundo (2007). 

La Voz de Galicia. Literatura infantil-xuvenil: A voz do lago (2017). Galaxia, e o paso do esquecemento (2011). 

Centro de Cultura Popular do Limia. 


E en poesía:

Limaiaé (2005). Centro de Cultura Popular do Limia.


Foi galardoado tamén con outros premios como o Castelao de Narrativa, Breogán de Contos, Premio Ourense de Contos, etc.

 

  

Isaac Alonso Estraviz

 


Isaac naceu en Trasmiras ( Ourense) o 26 de xaneiro 1935. 

El é lexicógrafo, estudou en Compostela.  É importante para a nosa cultura porque escribiu o diccionario de Galicia, tamén coñecido como “Reintegranismo de mínimos”. 

Tamén escribiu:

·         La sivila.

·         Arado no amanecer.

 

Edelmiro Martinez Cerredelo


El naceu en Xinzo no ano 1946. É escritor. De pequeño gustáballe a xeografía e a historia, pero tamén quería estudar a historia de Xinzo, así que de maior escribiu o libro: A historia de Xinzo.

Tamén escribiu outros libros como:

·       O valle sen nome.

·       Entroido de Xinzo de Limia.

·       Nós chegamos primeiro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

O PROXECTO DO ATLAS DA LIMIA PEQUENIÑA

  O ATLAS DA LIMIA PEQUENIÑA O proxecto do Atlas da Limia Pequeniña ponse en marcha coa idea de que o alumnado de 1º ESO se converta en a...