OROGRAFÍA

1- A LAGOA DE ANTELA

2- PUTNOS ZEPA e LIC

3- RESERVA DA BIOSFERA ÁREA DE ALLARIZ 

4- A SERRA DO LAROUCO

4- A SERRA DE SAN MAMEDE

5- OS RÍOS E FERVENZAS


1. A LAGOA DE ANTELA 


A Lagoa de Antela era unha das zonas húmidas de maior extensión da península Ibérica, situábase a 615 metros de altitude, con 7 km de longo e 6 km de ancho. Tiña profundidade media de 0,60 m e nalgúns ``pozos´´chegaba ata os 3 m. 

A orixe da comarca da Limia ten sitúase no terciario. Ao longo desta época, e coma produto dunhas condicións climáticas tropicais, formáronse numerosas áreas lacustres, entre elas a que formaba a lagoa de Antela. 

Os primeiros sinais de poboación destas terras son dos poboados lacustres (palafitas) da lagoa de Antela. Situados no espazo que abrangue dende Sandiás ata Cortegada.   

Innumerables foron os intentos de desaugamento e aproveitando das súas terras para o labradío  até o seu difinitivo desecamento a partir do comezo das obras no ano 1958.

Destaca a riqueza biolóxica con miles de aves acuáticas que a utilizaban durante todo o ano. Hoxe temos un ZEPA e un LIC.

 Zona zepa

 A zona zepa é una zona especial de protección para as aves, particularmente as que están en perigo de extinción localízase en varios concellos da Limia,entre eles Vilaseca e Trasmiras. Ten una superficie  de 6939,20 ha.

A partir de 1972, varias empresas dedicadas á extración de Áridos instaláronse no que foi o sur da lagoa.


2- PUTNOS ZEPA e LIC


Dentro deste Val do Limia e no que tamén se encadra Vilar de Santos está a zona protexida, declarada LIC e Zona de Especial Protección de Aves por ser considerado un dos mellores lugares da península ibérica para a observación de aves e anfibios con máis de 200 especies das primeiras e 12 das segundas grazas a recuperación por partes do que fora unha das maiores lagoas de Europa.



3- RESERVA DA BIOSFERA ÁREA DE ALLARIZ 


Que é unha reserva da biosfera?

As reservas da biosfera son lugares para proba de proxectos de desenvolvemento sustentable da iniciativa Programa sobre o Home e a Biosfera da Unesco.

 As reservas abranguen territorios con ecosistemas terrestres, mariños e costeiros nos que se fomentan proxectos que permitan avanzar no desenvolvemento social preservando o valor ecolóxico do territorio. 

Búscase conservar a biodiversidade e a diversidade cultura, o desenvolvemento económico sostible, e a investigación, a educación e a formación da sociedade.

A Área de Allariz e unha reserva da biosfera declarada o 25 de xuño do ano 2005.

3.1 Xeografía:

abrangue os concellos de Allariz (bisbarra de Allariz-Maceda), A Bola (Terra de Celanova), Vilar de Santos e Rairiz de Veiga (A Limia), todos eles pertencentes na provincia de Ourense. 

A reserva ten unha superficie de 21.482 hectáreas e nela vive unha poboación de menos de 10.000 persoas.



3.2.Fauna e flora:

Nesta zona predomina o bosque plano caducifolio de zonas mornas con mosaico de prados e canles de auga, e unha longa historia de presenza humana con transición cara a ecosistemas mediterráneos. 

Na Reserva existen paisaxes sobresaíntes, multitude de sitios arqueolóxicos romanos e prerromanos, con zonas de montañas de baixa altitude arborizadas e zonas húmidas (Lagoa de Antela) de grande importancia. Entre a fauna de vertebrados cabe destacar o lobo e a londra.


4. A SERRA DO LAROUCO:

A Serra do Larouco é unha serra portuguesa localizada no extremo norte do país, na provincia de Trás-os-Montes, no municipio de Montalegre, distrito de Vila Real.O seu nome deriva do nome do deus celta Larauco, o cal deu tamén nome á local ubicada en Portugal.


É a terceira maior elevación do Portugal continental, con 1535 metros de altitude; sitúase na fronteira do distrito de Vila Real con Galicia (España). Esta serra forma parte do sistema montañoso da Peneda-Gerês.


Preséntase como unha serra que da forma a unha gran meseta granítica de forma alargada, esta serra constitúe a prolongación dun acontecemento morfolóxico que se extende tamén por terras de España. Presenta unha orientación xeneral de nordeste-suroeste e cerca de 10 km de largo, alcanzando os 1525 metros de altitude no seu punto máis elevado.

Esta gran masa granítica distínguese, na vertente poñente, por afloramentos de esquistos que dan orixe a paredes abruptas onde aves rapaces como a águia de ás redondas ocupan o territorio. Esta serra presenta unha vexetación en altitude que é constituida principalmente por matorrais de brezo e genistas e, algúns pastos que se localizan xunto a cursos de auga nas vertentes localízanse en campos de cultivo e algunhas manchas de bosque, constituida por exemplares de Quercus robur e Quercus pyrenaica. O abedul, o pino silvestre e o castaño tamén son destacables, sendo a última  especie que da testimonio da ocupación cultural da serra.

Presentación sobre a serra recuperada da conta de SLide de Moncontos para o noso blog porque ten unha información ben completa.




5. A Serra de San Mamede


A Serra de San Mamede pertence aos concellos de Montederramo, Maceda e Vilar de Barrio.


Fauna e Flora:

Cara o leste a vexetación e característica dun clima continental de alta montaña, a chamada rexión Eurosiberiana galega. Atopamos no noso camiño vexetación de monte baixo, queirugas, cerquiños, uces brancas, arandos, cancireixos e mais bosuques de coníferas.


Repartidos por toda a Serra pódense atopar corzos, cervos, xabaríns e lobos, ademais de coellos e lebres.

amén hai tipos variados de aves como, o martiño pesqueiro, lavandeiras, aguias e falcóns.


Epazo natural:

Trátase dunha área cunha parte pertencente á zona especial de conservación (ZEC) Bidueiral de Montederramo da Rede Natura 2000.

Estivo en proceso cualificación como parque natural. Ata o ano 2004 mantívose unha reserva de cervos e corzos nun cercado da parte oeste que hoxe existe e non está a ser empregada. Preto deste cercado atópase o centro de educación ambiental As Corcerizas.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O PROXECTO DO ATLAS DA LIMIA PEQUENIÑA

  O ATLAS DA LIMIA PEQUENIÑA O proxecto do Atlas da Limia Pequeniña ponse en marcha coa idea de que o alumnado de 1º ESO se converta en a...