mércores, 20 de outubro de 2021

O PROXECTO DO ATLAS DA LIMIA PEQUENIÑA

 

O ATLAS DA LIMIA PEQUENIÑA

O proxecto do Atlas da Limia Pequeniña ponse en marcha coa idea de que o alumnado de 1º ESO se converta en axente dinamizador do seu patrimonio material e inmaterial da súa comarca a través da Internet e empregando a lingua galega

Pero tamén vai servir para:  

  • Traballar de xeito colaborativo
  • Buscar información na rede sintetizando a información que busco
  • Manexar distintos tipos de texto no ordenador (presentacións, textos, imaxes...)
  • Respetar o  traballo dos demais e opinar dun xeito construtivo.
  • Empregar a lingua galega
  • Involucrar as familias
  • Poñer en ocntacto o alumnado co medio no que viven
  • Valorar a nosa cultura                                                                                                

       1ª avaliación 

Inspirándono no Atlas da Galicia Pequeniña  hai que elaborar un atlas  da Limia Pequeniña no que o alumnado amose como é a súa comarca.

 




Participación: individual ou parella

Temas           

  1. Xeografía
  2. Orografía
  3. Historia
  4. Festas
  5. Industria
  6. Gastronomía
  7.  Lingua
  8.  Personaxes célebres / Escritores
  9. O Camiño de Santiago
  10. Lendas
  11. Os castros
  12. Monumentos

 

Forma do atlas          

O traballo terá, mínimo, seis páxinas incluídas portada e contraportada. Na portada irá o título do traballo e unha imaxe relacionada con el. Na contraportada irán os datos da persoa que realiza o traballo; deberá incluír o curso e a data. E debe incluír reseña bibliográfica.

Deberá estar ben organizado con temas e imaxes. As imaxes poderán ser debuxos ou fotografías de pequeno tamaño e terán que ser orixinais, non tiradas da internet.

Os textos estarán escritos con corrección e deberanse evitar as faltas de ortografía.


2ª avaliación

Cada alumno/a ou cada parella ten que gravar vídeos pequeniños nos que amose os puntos máis importantes da comarca que incluiu no seu atlas. Cada vídeo será dunha soa zona, monumento, personaxe... etc. ou o que escolla do atlas. Poden gravar máis de un se queren amosar varios contidos, pero prefírese o formato de vídeo pequeno. Ten que ter unha pequena explicación do que se está vendo, que xa teredes da primeira avaliación, que non sexa só imaxe.

 

3ª avaliación

 

Editar un mapa de Google de forma colaborativa entre todo o alumnado de aula ou de primeiro curso da ESO.

Edición deste blog.

 


O PROXECTO DO ATLAS DA LIMIA PEQUENIÑA

  O ATLAS DA LIMIA PEQUENIÑA O proxecto do Atlas da Limia Pequeniña ponse en marcha coa idea de que o alumnado de 1º ESO se converta en a...