1. FESTA DO ESQUECEMENTO
2. ROMARÍA DA SAÍNZA
3. FESTA DO ENTROIDO
FESTA DO ESQUECEMENTO
Esta festa comezou a celebrarse no ano 2000 en Xinzo de Limia. Celébrase dende o 19 ata o 21 de Agosto.
É unha recreación histórica de cando as lexións romanas de Décimo Xuño Bruto cruzaron o río Letes e combateron fronte os Celtas.
O río Letes era coñecido como o “Río do Olvido” xa que se cría que se o cruzabas perdías a memoria, cando os romanos se armaron de valor e cruzaron non a perderon polo tanto enfrontaríanse contra os Celtas, que saldrían perdedores.
Os actores visten roupas desa época e utilizan armas feitas a man.
ROMARÍA DA SAÍNZA
A romaría da Saínza celébrase o domingo máis próximo ó 24 de setembro, dende o ano 2001, en Rairiz de Veiga.
Esta romaría ten un carácter histórico e conmemora a vitoria dos cristiáns no seu enfrontamento contra os Mouros na reconquista da península.
A batalla entre Mouros e cristiáns celebrouse por primeira vez en 1840.
O 24 de Setembro celébrase a festividade a Nosa Señora das Mercedes, imaxe que é paseada en procesión tras a vitoria dos cristiáns contra os mouros.
Esta festa está catalogada como Festa de Interese Turístico.
A FESTA DO ENTROIDO
O Entroido celebrábano os cristiáns os días anteriores a Coresma. Eran días de festa e excesos xa que se acercaba a Pascua e as vixilias.
En Xinzo o período de Entroido abarca 5 semanas cos seus correspondentes 5 domingos:
O Fareleiro: A xente tírase fariña.
O Oleiro: Concurso de lanzamentos de olas.
O Corredoiro: As pantallas exhíbense por primeira vez.
O Entroido
O Domingo de Piñata
O Mércores de Cinza: Entérrase a sardiña.
É unha festa de interes turistico internacional.
Máscara: A PANTALLA
É o traxe típico do Entroido de Xinzo.
O disfrace é caracterizado pola súa careta que contén flocos que simulan unha barba, un rostro con bigote, a percalina que simula o pelo e o corno no que se debuxan corpos celestes normalmente.
A súa función é a de vixiar que ninguén se pasee pola rúa sen disfrace, quen sexa pillado terá que invitar a unha rolda de viño.
Vestimenta da Pantalla:
- Vexigas de vaca
- Camisa e calzón branco
- Capa
- Pañoleta ( case sempre vermella)
- Polainas e zapatos negros
- Cinto con campaíñas
- Representativa careta
Bibliografía:
Saínza: www.turismo.gal
Esquecemento: www.dondisfraz.com
Entroido e a Pantalla : www.turismo.gal e www.sientegalicia.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario