CASTROS E OUTROS ASENTAMENTOS

ASENTAMENTOS NA COMARCA DA LIMIA

1. POBOADOS LACUSTRES

2. OS  CASTROS


1. OS  CASTROS


QUE É UN CASTRO?


Un castro é un tipo de poboado fortificado que se espallou principalmente por Europa entre a Idade de Bronce e a de Ferro.


Construídos xeralmente a partir do século VI a. C., eran poboados fortificados onde vivían as comunidades galaicas.


Os poboados castrexos acostuman erguerse en outeiros despexados como promontorios rochosos ou penínsulas que se adentran no mar, o que facilita a visibilidade, a defensa e o dominio do contorno. Vén dado tamén en función dos recursos naturais explotados polos moradores.


Os castros adoitan ter unha única entrada que tamén ten a función de impedir o paso. Suponse que se fechaban con portas de madeira. 

Ademáis das defensas naturais, atópanse estruturas de diversos tipos: 

  • terraplenos ( desniveis no terreo formados por terra e pedra, que poden ser naturais ),
  • parapetos ( elevacións artificiais do terreo nos puntos máis desprotexidos), 
  • foxos ( gabias alongadas e profundas, asociadas aos parapetos), 

  • murallas (defensas de cachotería de tipoloxía variada, como por exemplo: dous muros paralelos de pedras cun recheo de pedras.Desde o interior subíase a eles mediante escadas de madeira, lanxas encastradas, ramplas ou pedras. 
  • Poden existir torres defensivas nos accesos ás portas. Son elementos tardíos.


Segundo a súa localización pódense dividir:

  • Castros de interior: constitúen o tipo máis frecuente característico. Teñen planta circular ou ovalada e contan con varias murallas.
  • Castros de montaña: situados en zonas montañosas altas. Localízanse nas ladeiras e teñen forma oval, con foxos artificiais polo lado superior e murallas.
  • Castros costeiros: son de planta variada adáptanse ao terreo. As defensas naturais do lado do mar vense con murallas e foxas cara o interior.






OS CASTROS DA COMARCA DA LIMIA 


A continuación imos facer unha listaxe dalgúns castros da comarca da Limia: 

2-Xacemento da Cidá (Sarreaus)

3- Xacemento A Cigüeñeira/ A Touza  (Trasmiras)

4-Xacemento da Cabreira (Xinzo de Limia)

5-Xacemento do Montiño (Sandiás)

6- Castro de Vilar de Laioso ( Vilar de Santos)

7-Castro de San Miguel (Rairiz de Veiga) 

8-Xacemento Castro da Cidade (Porqueira) 

9-Xacemento O Castro/ O Santiño ( Os Blancos)

11-Xacemento As Muradellas/ As Casarellas/ Muralla dos Mouros ( Baltar ) 



Castro da Saceda

É un castro galego pertencente á altura castrexa situado no lugar da Saceda, na parroquia de Lucenza en Cualedro. É un castro bastante romanizado que foi declarado ben de Interese Cultural da Provincia de Ourense no ano 2011.

Atópase a 700m de altitude.

 

Castro da Cidá

O castro da Cidá estaba ocupado por una aldea de mouras que dominaban todos os vales e montañas dos arredores. Eran moi ricos, poderosos e os seus soldados aren valentes e expertos na loita. A sabeduría conta que os cristiáns se fixeron fortes xunto o castro construíron unha fortaleza para ver e escoitar o que acontece no poboado.

 

 Castro a Cerquiña

En realidade é un recinto en forma elíptica duns 17.000 m2 situado sobre un montículo de monte raso. Ao redor observanse unha muralla vella composta de pedras e terra que elevan o terreo cicundante. O recinto encontrase nunha posición de difícil acceso, debido ás escarpadas pendentes que o rodean a causa do val do Rego de Senande.

 

Castro de Novás

O castro está a unha altitude de 750 m nun outeiro da marxe esquerda do río Faramontaos. Na coroa do castro poden verse ata catro construcións circulares duns catro metros de diámetro. Nas escavacións levadas a cabo nos anos 70 do pasado século apareceu abundante cerámica de época romana, como téculas, ladrillos, vidros, ánforas e cerámica común.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

O PROXECTO DO ATLAS DA LIMIA PEQUENIÑA

  O ATLAS DA LIMIA PEQUENIÑA O proxecto do Atlas da Limia Pequeniña ponse en marcha coa idea de que o alumnado de 1º ESO se converta en a...