LENDAS

1. LENDA DO MARTELO

2. LENDA DA CIDADE DE ANTIOQUÍA

3.  LENDA DO PENEDO GRANDE

4. LENDA DE MARÍA MARÍA

5. LENDA DO TANGARAÑO

6. LENDA DA RAÍÑA LUPA NA LIMIA

7. LENDA DA PEDRA  ALTA


A LENDA DO MARTELO

Conta a lenda que cando os mouros andaban a construír a torre de Pena e a de Castro, só tiñan un martelo polo que o lanzaban dunha torre a outra para a construción. Nun deses lanzamentos, a un falláronlle as forzas e o martelo caeu no medio do camiño das torres.

 

Do lugar de onde caeu o martelo empezou a brotar auga, dando lugar ao que coñecemos (ou coñecíamos) como a “Lagoa de Antela”.                             




A CIDADE DE ANTIOQUÍA

Antioquía era unha cidade próspera fundada na beira do río Limia. Un día como outro calquera, Xesús decidiu comprobar a xenerosidade daquela cidade. Así, vestíuse de vagabundo e foi pedindo, casa por casa, un pedazo de pan e unha cama, pero ninguén contestaba. Cada vez ía perdendo máis a esperanza ata que na última porta, unha familia de escasos recursos sastisfaceu as súas necesidades.  


Ao día seguinte, Xesús, agradecido, díxolles que marcharan lonxe sen botar a ollada atrás e, acto seguido, inundouse a cidade e provocando e creando a Lagoa de Antela.



A LENDA DO PENEDO GRANDE

Segundo din os maiores, o Penedo Grande e o penedo pequeno que está xunto ó seu lado gardan unha lenda. Cando se deron conta de que estaban como abertos por encima colleu forza unha antiga lenda que dí que, Xesús, cando formou os penedos, abriunos. Nun deles hai riquezas infinitas e no outro desgrazas.


Pero a realidade é que, debido ao medo, nunca se soubo nin se saberá se é verdade ou non, xa que nunca se atreveu ninguén a abrilos. seguirán alí, parados, sobre o monte de Nocelo.



MARÍA MARÍA

Segundo contan, en Vilar de Barrio, María era unha rapaza que andaba coas vacas no monte. Un día encontrou unha peza de cerámica moi bonita así que foi enseñarlla ao seu pai. Pero o seu pai, debido a beleza da peza, mandoulle ir por máis, sen saber que non volvería.

Daquela marchou buscar máis pezas e non volveu. Seus pais fórona buscar, pero o único que escoitaron e encontraron foi esto: ``María, María aceite rigado na miña barriga´´.

Dende aquela no pobo dise que si vas o lugar adecuado no momento adecuado, escoitarás:``María, María aceite rigado na miña barriga´´.



A LENDA DO ``TANGARANO´´:

Segundo a real academia galega, a palabra `Arangano´´ é sinónimo de ``Tangarano´´, que no imaxinario popular, era un demo que provocaba

raquitismos e deformacións nos nenos ; ou tamén a enfermidade provocada polo citado demo. O termo pódese usar nun sentido máis amplo para referirse a unha maldición ou feitizo.

O ritual para curar o neno, que pode vir de tempos moi afastados, consistía en que a nai tiña que pásalo por debaixo da pedra por un oco entre esta e outro sobre o que se apolaba , decindo unha frase: << Comadre miña, aí vai o ``angaraño´´; devólveme san e vivo >>. Abaixo estaba a madriña ou outra axudante para recollelo . A continuación, había que queimar ou colgar a roupa do neno nas árbores próximas, e vistilo con outras novas .

En sinal de agradecemento pola curación, lanzáronse moedas á rocha e acendeuse unha vela .

Grazas ao avance da medicina, a tradición foise esvanecendo, pero non por completo, porque aínda se pode ver unha vela dentro da rocha.

 

 


LENDA DA RAÍÑA LOBA DA LIMIA:

A raíña loba na súa casa preto das covas e situada en: Unhas grades rochas que baixan cortadas case ata o cumio (…) cobraba, como é natural nunha soberana, gavelas e tributos aos seus súbditos, entre os que estaba os vecinos dos lugares de Cuqueixos e  Pixeiros, estas exaccións eran ao parecer tan abrumador e o seu pago indignará tanto aos contribuíntes, que un día no que varios deles foro ó Castelo pagar as súas exotas e aproveitando un momento no que a raíña se inclinaba descoidada cara o precipicio no que estaba asentado o súa forte morada, dous homes, un de Cuqueixos e outro de Pixeiros botáronse sobre a tirana muller e dende arriba tírana ao fondo do corte da rocha, morrendo como é natural polo terrible golpe .

Coa súa morte, os seus súbditos foron liberados das fortes  contribucións as que o someteu o súa depótica soberana, de aí vén a canción popular:

“Matastes á raíña loba

Coqueixos e Pixeiros

Matastes á raíña loba

Os fidalgos que tes”.

Os Cuqueixos e Pixeiros son dous lugares pertencentes á parroquia de Santa María de Gutín, no actual concello dos Blancos, a poucos Km do Castelo do monarca apresor.

 

 



                                                               A  PEDRA  ALTA


Esta lenda conta a historia da Pedra Alta. Dende fai moito tempo en Bóveda, unha aldea de Vilar de Barrio. Conta que a virxe, cando foi o diluvio universal, troixo a Pedra Alta para protexer aos que non puideron subir a arca de Noé.








 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

O PROXECTO DO ATLAS DA LIMIA PEQUENIÑA

  O ATLAS DA LIMIA PEQUENIÑA O proxecto do Atlas da Limia Pequeniña ponse en marcha coa idea de que o alumnado de 1º ESO se converta en a...