MONUMENTOS


MONUMENTOS DA  COMARCA DA LIMIA


1. TORRES
 

2. MOSTEIRO DE BON XESÚS


3. IGREXAS ROMÁNICAS


4. CRUCEIROS


5. PETOS DE ÁNIMAS


Torre do Castro, Sandiás - Itziar

1. TORRES



Torre do Castro (Sandiás)



O Castelo de Sandiás, tamén coñecido como A Torre de Sandiás, ou coma A Torre do Castro, é un castelo situado nun outeiro illado, tendo o seu pé o lugar do Castro.

Foi construído sobre un antigo castro, quizais na primeira metade do século XII. Participou nas guerras fronteirizas pola posesión do condado da Limia.

No ano 1386 foi asaltado polo duque de Lancaster. Máis tarde no ano 1467 arrasárono os Irmandiños e logo da revolta reconstruíuse de novo. Na guerra hispano-lusitana do século XVIII, foi punto de concentración de tropas. Foi posesión das máis poderosas familias da provincia.

Hoxe só queda parte da torre da homenaxe, na que se poden admirar os seus grosos muros. Constaba, ademais de soto, con tres pisos e terraza superior. Ó seu pé pódese admirar unha extraordinaria panorámica da desecada lagoa de Antela e da Limia Alta.



Conta a lenda que dentro do castelo hai un pozo con varios metros de auga, pozo que é a entrada a un salón cheo de ouro. Para desencantalo e poder acceder ó ouro hai que levar un ovo dunha pita negra e maila propia pita. Sóltase a pita no salón e, cando sae o xigante que protexe o ouro, armado cun machado, debe estampárselle o ovo na fronte, co que o xigante desaparecerá. Pero se non se lle dá co ovo, o xigante matará ó intruso.



Torre da Pena (A pena, Xinzo de Limia)

Tamén recibe o nome de Portelam de Sanctio lohannis, Castelo de Portela de Pena.

Algúns autores remontan as súas orixes ata a época sueva e otros van ata o século XV, anos antes das revoltas Irmandiñas. O máis probable é que todas as teorías foran certas e que sobre as súas bases se asentaran incluso un castro, para máis tarde establecerse alguna fortaleza alto medieval.

No ano 1386 foi tomada polo Duque de Lancaster. No século XVIII, a torre foi abandonada, conservándose só a torre.


Torre da Forxa (A Torre, Porqueira)



Torre da Forxa, Porqueira - Itziar

Torre de A Forxa, Torre de Porqueira, é unha fortaleza medieval do século XI destinada a vixiar a lagoa. 

Formaba parte dun sistema defensivo composto polas torres de Sandiás, Torre de Pena e a desaparecida de Celme.

Os obxectivos desta torre eran controlar o val e o paso cara o seu camino pola antiga vía XVIII.

Foi ocupado polo Duque de Lancaster ata as revoltas Irmandiñas de 1467 que o deixaron danado pero non destruído.

Hoxe segue en pé só a torre de homenaxe de 23 metros de altura. Divídese nun soto e catro plantas. A súa planta é cuadrangular de 9x9 m. O arco apuntado dá acceso hoxe en día ó interior por medio dunha longa escaleira construída no XIX.



Torre de Celme  (Rairiz de Veiga, Congostro (Santa Mariña).


Igual que as tres anteriores, foi construída entre os séculos XI e XII para previr os intentos de invasión, por Alfonso Enríquez e asaltado polo duque de Láncaster. Os marqueses de Valladares foron os últimos propietarios. 

Encóntrase en estado ruinoso.



2. MOSTEIRO DE BON XESÚS


Concello: Xinzo deLimia 

Mosterio Bon Xesús, Trandeiras. Saúl


Parroquia: A Pena

Tipo: Mosteiros

Tipoloxía: Arquitectura defensiva

Etapa Histórica: Idade Moderna, S. XVI

Estilo: Gótico plateresco-Renacentista (cubertas de crucería e decoración exhuberante na portada e nos arcos co que se achega á arte“manuelina” que vemos en Portugal.


Sobre a fundación do Mosteiro do Bon Xesús existen varias lendas, unha delas di que un



veciño de 
Trandeiras comunicoulles ós seus veciños que tiña visto en soños unha señora nos penedos do monte, onde agora está a igrexa que era a virxe e tiña un neno. Ós poucos días, dous cabaleiros que descenderon dunhas rochas reprenderon ó home por non ter iniciado a obra dunha capela no lugar, de tal maneira que comezou a obra pero foi denunciado por un veciño. Porén, de novo a Virxe volveu aparecer, neste caso a outro veciño, home poderoso que se convenceu e xuntos reanudaron a construción da ermida. De aquí pasou a convento, primeiro con advocación mariana e posteriormente co achádego de unha imaxe do neno Xesús no monte, mudouse a advocación á do Bon Xesús.


Isto é a lenda que circula en torno á fundación existente, que na realidade se vincula co chantre Alonso de Piña, capelán real, Prior de Xunqueira de Ambía, que contaría coa axuda do Mestre de obras Bartolomé de Nosendo. Primeiro foi refuxio na Revolución Francesa. En 1809, na Guerra da Independencia, destruíron a igrexa e mataron aos monxes cregos e paisanos.

En 1668 e no 1813 o mosteiro sufriu uns fortes incendios que prácticamente arruinaron a súa estrutura. Posteriormente sufriu a invasión francesa e finalmente en 1835 a expropiación coa desamortización de Mendizabal.


3. IGREXAS ROMÁNICAS



As igrexas románicas que atopamos na comarca da Limia son case todas moi sinxelas, dunha soa nave e 1 ábsida cuadrangular.

Construíronse entre a fin do século XII e o século XIII. Iso fai que os arcos poidan estar algo apuntados nalgún caso.


LISTAXE 


1-Igrexa parroquial de Santa María(Xinzo de Limia)

2-Igrexa parroquial de San Pedro(Boado)

3-Igrexa parroquial de San Salvador

4-Igrexa parroquial de San Nicolao

5-Igrexa parroquial de San Bartolomeu

6-Igrexa parroquial de San Andrés 

7-Igrexa parroquial de San Miguel

8-Igrexa parroquial de San Xoán

9-Igrexa parroquial de San Tomé

10-Igrexa parroquial de San Pedro

11-Igraxa parroquial de Santo Tomé


IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA (Xinzo de Limia)


Grazas ás intervencións arqueolóxicas realizadas na chamada igrexa vella de Xinzo de Limia (Xusto Rodriguez.M.) púidose constatar que o seu pasado se remonta xa á época romana. A intervención arqueolóxica do edificio (novembro 1995-febreiro 1996) levouse a cabo co gallo dos traballos de cosolidación, drenaxe e pavimento da igrexa e do adro, chegando á conclusión de que edificación e subsolo conforman un todo unitaria no que tamén quedan integradas as fontes documentais e iconográficas.

O nivel arqueolóxico máis antigo do que se ten constancia correspóndese co Alto Imperio Romano, así o traducen os restos atopados e vinculados ó mencionado nivel. A estas estruturas vánselle superpoñer outras relacionadas co Baixo Imperio. Sobre este xacemento romano arrasado vaise asentar unha necrópole tardorromana. Xa o vindeiro elo da cadea será unha nova necrópole, pero neste caso pelocristiana. 



IGREXA PARROQUIA DE SAN PEDRO (Boado)


Emprazada no alto de Boado, a igrexa de San Pedro é unha fermosa mostra do Rómanico. Con nave rectangular, a súa portada de cuádruple arquivolta de arco de medio punto é o elemento máis destacable. Este vai enriquecendo a súa ornamentación gradualmente do interior para ó exterior. Así, a arquivolta máis interior é completamente lisa, a seguinte presenta xa unha moldura en bocel, a esta engádeselle motivos xeométricos na superior e finalmente na arquivolta, que fai liña coa fachada, inclúense círculos con cruces inscritas e medias lúas ou triángulos coroándoos. Este mesmo motivo repítese na imposta que recorre toda a fachada. Os capiteis das columnas repiten a mesma simboloxía sen variacións estéticas. De perfil cadrado no ábaco, con rombos unidos entre si que o recorren, e circular no astrágalo, representa motivos xeométricos e naturais con unha figura humana moi esquematica, todo labrado de fondo moi plana.








Ningún comentario:

Publicar un comentario

O PROXECTO DO ATLAS DA LIMIA PEQUENIÑA

  O ATLAS DA LIMIA PEQUENIÑA O proxecto do Atlas da Limia Pequeniña ponse en marcha coa idea de que o alumnado de 1º ESO se converta en a...