FONTES
LAVADOIROS
FORNOS
PONTES
MUÍÑOS
PAZOS / CASAS GRANDES
Pazo do Telleiro
Preto de onde en tempos se achaba a lagoa de Antela, rodeado do que agora son campos de cultivo, érguese o pazo do Telleiro. Está situado no concello de Sandias na provincia de Ourense.
As casa do Telleiro ou fortaleza de Telleiro, nomes cos que era coñecido
neses tempos, permaneceu durante anos na familia dos
Anel. Posteriormente por matrimonio de Doña Xoana con D. José de Cea
y Avalle, pasa á familia dos Cea, e a continuación a dos Cabrera.
No seu
momento de máximo esplendor estaba rodeado de grandes extensións de
terreo. Ademais do edificio principal, contaba cunha fonte que levaba
auga para os tres lavadoiros, un pombal e unha capela. Esta estaba
adicada ao Neno Xesus de Praga, do que se gardaba unha imaxe de plomo.
Está construído en granito cunha planta en forma de U e a fachada
principal esta adornada cun balsón ou escudo en pedra do seculo
XVIII, bordeado con motivos vexetais propios do Barroco e os escudos
dos Cea, Salgade e Deza.
A partir do século XXI pasou a estar
dehabilitado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario