O ATLAS DA LIMIA PEQUENIÑA
O proxecto do Atlas da Limia Pequeniña ponse en
marcha coa idea de que o alumnado de 1º ESO se converta en axente dinamizador do seu
patrimonio material e inmaterial da súa comarca a través da Internet e empregando a lingua galega
Pero tamén vai servir para:
- Traballar de xeito colaborativo
- Buscar información na rede sintetizando a información que busco
- Manexar distintos tipos de texto no ordenador (presentacións, textos, imaxes...)
- Respetar o traballo dos demais e opinar dun xeito construtivo.
- Empregar a lingua galega
- Involucrar as familias
- Poñer en ocntacto o alumnado co medio no que viven
- Valorar a nosa cultura
1ª avaliación
Inspirándono no Atlas da Galicia Pequeniña hai que elaborar un atlas da Limia Pequeniña no que o alumnado amose como é a súa comarca.Participación: individual ou parella
Temas
- Xeografía
- Orografía
- Historia
- Festas
- Industria
- Gastronomía
- Lingua
- Personaxes célebres / Escritores
- O Camiño de Santiago
- Lendas
- Os castros
- Monumentos
Forma do atlas
O traballo terá, mínimo, seis páxinas incluídas portada e
contraportada. Na portada irá o título do traballo e unha imaxe relacionada con
el. Na contraportada irán os datos da persoa que realiza o traballo; deberá
incluír o curso e a data. E debe incluír reseña bibliográfica.
Deberá estar ben organizado con temas e imaxes. As imaxes
poderán ser debuxos ou fotografías de pequeno tamaño e terán que ser orixinais,
non tiradas da internet.
Os textos estarán escritos con corrección e deberanse
evitar as faltas de ortografía.
2ª avaliación
Cada alumno/a ou cada parella ten que gravar vídeos
pequeniños nos que amose os puntos máis importantes da comarca que incluiu no seu atlas. Cada vídeo será
dunha soa zona, monumento, personaxe... etc. ou o que escolla do atlas. Poden
gravar máis de un se queren amosar varios contidos, pero prefírese o
formato de vídeo pequeno. Ten que ter unha pequena explicación do que se está
vendo, que xa teredes da primeira avaliación, que non sexa só imaxe.
3ª avaliación
Editar un mapa de Google de forma colaborativa entre todo o alumnado de aula ou de primeiro curso da ESO.
Edición deste blog.